0

AS PONTES VOLVE A RESPONDER A CHAMADA DOS SOCIALISTAS

Os ponteses e pontesas responderon unha vez mais cun cheo absoluto no Cine Alovi á nosa chamada ó mitin de campaña para as eleccións xerais.

Dende a Agrupación socialista de As Pontes queremos agradecer de todo corazón o gran apoio recibido dos nosos veciños neste acto.

As intervencións correron a cargo do noso alcalde, Valentín González Formoso, do alcalde de Lugo, José López Orozco, do ex-alcalde de A Coruña, Paco Vázquez, da nosa Concelleira e candidata número 5 ó Congreso, Jessica Lago, e da candidata ó congreso, Paloma Rodríguez.

O domingo día 20, todos a votar.

LOITA POLO QUE QUERES !!

0

MITIN DE CAMPAÑA ESTE XOVES NO CINE ALOVI

Este Xoves as 20:30 horas no Cine Alovi terá lugar o MITIN de campaña onde intervirán PACO VAZQUEZ, ex-alcalde de A Coruña, JOSE LOPEZ OROZCO, alcalde de Lugo, VALENTIN G. FORMOSO, alcalde de As Pontes, e Mª FLOR LAGO (JESSICA), candidata nº 5 ó Congreso.

CONTAMOS CONTIGO,

LOITA POLO QUE QUERES !!!

0

GRACIAS Y REFLEXIÓN

Desde lo más profundo de mi corazón, desde la mayor de las humildades os doy las gracias a todas y a todos por la confianza y respaldo que nos ofrecísteis el pasado domingo 22-M. Os puedo asegurar que es un orgullo indescriptible que cura todas las heridas, borra todos los duros momentos, y carga la ilusión de forma plena. Amo ésta villa y por ella lo daré todo. Os pido de corazón que transmitáis mi agradecimiento a cada vecino, en cada parroquia, en cada lugar, y mi disposición a ayudar allí donde me necesiten, a escuchar cualquier propuesta, y a quedar a vuestro servicio. GRACIÑAS. FIRMADO: VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO. ALCALDE DE AS PONTES.

0

APOIO TOTAL NO MITIN DE CERRE DE CAMPAÑA

0

HOXE AS 20 HORAS NO CINE ALOVI, MITIN CENTRAL DE CAMPAÑA

Hoxe as 20 horas no Cine Alovi terá lugar o MITIN central de campaña, onde interviran Valentín González Formoso e membros da candidatura socialista. Acude a dar o apoio unha vez mais a este proxecto e a esta candidatura. Esperámosvos. PARA QUE GAÑE AS PONTES.

 

 

0

Vídeo Candidatura PSdeG – PSOE | As Pontes

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

0

CHEO ABSOLUTO NA CONFERENCIA DE PACO VAZQUEZ

Publicamos unha serie de imaxes do acto de onte na Casa Dopeso, na que Paco Vázquez e Valentín González interviron na conferencia “20 anos engrandecendo unha cidade”. A Casa Dopeso chea a rebosar polos veciños de As Pontes que se achegaron a escoitar os dous protagonistas.

Dende a Agrupación de As Pontes do PSdeG-PSOE, queremos agradecer a todos os ponteses a asistencia e o apoio recibido neste acto. Gracias pola ilusión que demostrades.

Recordar que o venres as 20 horas no Cine Alovi, celebraremos o mitin central e cerre de campaña, no que intervirán o noso alcalde, Valentín González Formoso e membros da candidatura. Alí vos esperamos novamente.

0

AS PONTES ESTARÁ INCLUIDA DENTRO DO PLAN DA MINERÍA 2013-2018

O Ministro de Industria, Turismo e  Comercio, Miguel Sebastian, visitou onte as instalacións da central térmica de Endesa no noso municipio, acompañado polo alcalde de As Pontes, responsables da central eléctrica, o deputado Xabier Carro e o subdelegado do goberno en A Coruña José Manuel Pose.

Nesta visita, o Ministro anunciou que As Pontes estará incluida e polo tanto recibirá axudas no próximo Plan de la minería 2013-2018, unha gran noticia para o noso municipio.

Isto permitirá que podamos seguir ofertando polo menos ata ó 2018, as subvencións que hoxe están a un 40% a fondo perdido para ás empresas con xeración de postos de traballo. Volver a entrar no Plan Miner, permitirá tamen as prexubilacións e polo tanto novas incorporacións a Endesa, becas de formación e axudas para infraestructuras.

 

0

INAUGURACIÓN INSTALACIÓNS DE PROMETAL INNOVACION

Hoxe asistimos a un evento ilusionante no que dous emprendedores de As Pontes mostraron a realidade do seu proxecto empresarial iniciado hai uns anos. Prometal é unha iniciativa xa consolidada que está a xerar emprego directo e indirecto na nosa vila, e que ademais continuando co seu afán de aglutinar ao empresariado pontés abogou pola unión práctica á hora de afrontar a captación de proxectos.

Esta boa nova, nunha época onde as empresas sufren as adversidades da escasez de financiación, ademais de outros factores, ás veces pola situación xeral e outras tamén agravadas pola propia xestión, é unha mostra da forza de As Pontes e do seu dinamismo, pois a naide se lle escapa que as noticias nesta época e nunha vila industrial como As Pontes non son boas en moitos casos(peche de Aceriusa, ERE de Formoso, Cuíña, despidos en Einsa, Galparquet, etc..) ou Somozas(Gamesa pasou de 700 empregados a 190, ERE de Sem, despidos de Xiloga, etc…), ou Narón(ERE de Poligal, Megasa, etc). E EN TODAS AS VILAS INDUSTRIAIS IGUAL, así que nun tema como é o do emprego, debemos de ser rigurosos, sí pecharon algunhas empresas, e outras están en dificultades, pero o que é certo tamén é que non deixan de abrirse e ampliarse empresas, VERDIBERIA, DELICIAS CORUÑA, EVASA, BIOMASA FORESTAL, REVALNOR que xa comprou o terreo, CT-RAD, AUTOMATIC TUBE, DAXIONG SPAIN, LM WIND POWER, SERGAVI, etc, o cal demostra que segue a haber vida e futuro nas Pontes, temos solo, temos auga, temos gas, temos boas comunicacións, temos axudas públicas, temos suministro eléctrico, temos man de obra cualificada, moi cualificada, en definitiva temos futuro.

0

vídeo eleitoral

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.