AS PONTES ESTARÁ INCLUIDA DENTRO DO PLAN DA MINERÍA 2013-2018

O Ministro de Industria, Turismo e  Comercio, Miguel Sebastian, visitou onte as instalacións da central térmica de Endesa no noso municipio, acompañado polo alcalde de As Pontes, responsables da central eléctrica, o deputado Xabier Carro e o subdelegado do goberno en A Coruña José Manuel Pose.

Nesta visita, o Ministro anunciou que As Pontes estará incluida e polo tanto recibirá axudas no próximo Plan de la minería 2013-2018, unha gran noticia para o noso municipio.

Isto permitirá que podamos seguir ofertando polo menos ata ó 2018, as subvencións que hoxe están a un 40% a fondo perdido para ás empresas con xeración de postos de traballo. Volver a entrar no Plan Miner, permitirá tamen as prexubilacións e polo tanto novas incorporacións a Endesa, becas de formación e axudas para infraestructuras.