Hoxe asistimos a un evento ilusionante no que dous emprendedores de As Pontes mostraron a realidade do seu proxecto empresarial iniciado hai uns anos. Prometal é unha iniciativa xa consolidada que está a xerar emprego directo e indirecto na nosa vila, e que ademais continuando co seu afán de aglutinar ao empresariado pontés abogou pola unión práctica á hora de afrontar a captación de proxectos.
Esta boa nova, nunha época onde as empresas sufren as adversidades da escasez de financiación, ademais de outros factores, ás veces pola situación xeral e outras tamén agravadas pola propia xestión, é unha mostra da forza de As Pontes e do seu dinamismo, pois a naide se lle escapa que as noticias nesta época e nunha vila industrial como As Pontes non son boas en moitos casos(peche de Aceriusa, ERE de Formoso, Cuíña, despidos en Einsa, Galparquet, etc..) ou Somozas(Gamesa pasou de 700 empregados a 190, ERE de Sem, despidos de Xiloga, etc…), ou Narón(ERE de Poligal, Megasa, etc). E EN TODAS AS VILAS INDUSTRIAIS IGUAL, así que nun tema como é o do emprego, debemos de ser rigurosos, sí pecharon algunhas empresas, e outras están en dificultades, pero o que é certo tamén é que non deixan de abrirse e ampliarse empresas, VERDIBERIA, DELICIAS CORUÑA, EVASA, BIOMASA FORESTAL, REVALNOR que xa comprou o terreo, CT-RAD, AUTOMATIC TUBE, DAXIONG SPAIN, LM WIND POWER, SERGAVI, etc, o cal demostra que segue a haber vida e futuro nas Pontes, temos solo, temos auga, temos gas, temos boas comunicacións, temos axudas públicas, temos suministro eléctrico, temos man de obra cualificada, moi cualificada, en definitiva temos futuro.



