industria – programa

As Pontes será o 1º enclave industrial
de Galicia

O noso futuro a curto e medio prazo pasa pola disponibilidade de solo industrial dabondo para o asentamento de novos proxectos industriais. Por iso:

- Existen 40.000 m2 de chan industrial libres no polígono de Penapurreira, descontando xa o solo reservado para tres proxectos confirmados, Daixong, Revanor e Verdiberia.

- Temos firmado un convenio co Ministerio de Industria por valor de 21 millóns de euros para a ampliación do Polígono de Penapurreira en 800.000 m2 adicionais.

- Negociamos con ENDESA o aproveitamento industrial da zona de Espiñaredo que dotará, de xeito inmediato, de 220.000 m2 de solo industrial ó noso Concello. No canto de votar abaixo un espazo industrial xa construido e dotado de tódolos servizos, poñerémolo a disposición de proxectos industriais xeradores de emprego para o pobo.

- Promoveremos en Aparral, un novo polígono industrial de 1.800.000 m2, o que fará do noso Concello a primeira potencia industrial por solo de Galicia, garantindo as necesidades futuras do noso Concello para o asentamento de calquera proxecto industrial, por grande que sexa.

- Promoveremos a implantación dun servizo de transporte nos polígonos.

- Dotaremos ós polígonos dun Plan de emerxencia e promoveremos a súa vixiancia e o mantemento das zonas comúns.

As Pontes é o 3º enclave industrial de Galicia, hoxe a pesar da crisis que azota máis severamente as vilas industriais, e que provoca dificultades serias na traxectoria e na viabilidade dalgunhas empresas, están implantándose novos proxectos diversificadores e innovadores o que demostra a competitividade deste emplazamento industrial, polo prezo do solo, as comunicacións, a oferta enerxética, etc…

Así, acollimos a implantación de Delicias Coruña, Biomasa Forestal, Automatic Tube, CT-Rad, Evasa, Daxiong Spain, Verdiberia, LM Wind Power, Centro de Severiano Gestión, … así como un primer proxecto industrial forestal que promoverá Enel e Foresta Capital; en definitiva, entre as empresas novas que se entán a instalar, e as xa implantadas, a nosa vila ten un potencial no presente e no futuro moi sólido, complementada cunha rede de pequenas empresas e autónomos moi capacitada e fiable.

- Fomentaremos a contratación preferente de desempregados veciños de As Pontes, mediante a sinatura de acordos directos con todas e cada unha das empresas ubicadas no noso Concello.

- Faremos as xestións necesarias para que As Pontes se manteña dentro do Plan Miner no periodo 2012-2018. As Pontes recibíu inversións directas do Plan Miner no período 1998-2010 por mais de 600 millóns de euros. O plan remata no vinedeiro ano 2012, de ahí a importancia de que alguén con peso diante do Ministerio de Industria logre a prórroga do Plan Miner para As Pontes.

Crearemos unha empresa Municipal de Inversións que funcione como soporte financieiro ás PEMES. Que ningún emprendedor deixe de crear emprego por falta de recursos.

- Potenciaremos o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) na súa laboura de promoción de As Pontes como polo de atracción inversora e como captador de proxectos industriais para o noso Concello.

-Levaremos adiante políticas activas de emprego, coordenadas co IPPEC, co obxetivo de adaptalas ás demandas do mercado laboral (plans experimentais de emprego, escolas obradoiro, programas de atención ós parados de longa duración cunha especial atención a xuventude, ós discapacitados e outros sectores máis desfavorecidos).

- Promoveremos a creación dun Viveiro Industrial para autónomos no Polígono Industrial de Penapurreira cun investimento de 1.200.000 €. Dita infraestructura conlevará un centro de formación.

COMERCIO E HOSTELERIA:- Fomentaremos a implantación das novas tecnoloxías no comercio tradicional do Concello, poniendo ó seu dispor un técnico informático que os asesore de xeito gratuíto na aplicación das novas tecnoloxías da información para a mellora da actividade comercial e hosteleira.

-Seguiremos a apostar porque a boa situación económica das arcas municipais revirta ó máximo posible no comercio e industria locais, mediante a inversión en productos e servizos suministrados por empresas e comercios asentadas no noso Concello.

- Habilitaremos, a través da Empresa Municipal de Inversións, unha liña de crédito para a creación, reforma e modernización do comercio e a hostelería local.

- Impulsaremos,  xunto cós profesionais do sector, programas de formación e promoción orientados á dinamización do comercio e a hostelería.