novos proxectos – programa

… a ilusión dos novos proxectos …

Continuando coa rexeneración urbana a través dos espazos públicos e dos equipamentos, e potenciando a rehabilitación dos inmobles e o mantemento do patrimonio arquitectónico rural e urbano, así como promovendo novos espazos residenciais.
E todo elo para que redunde na mellora da calidade de vida de tódolos veciños e veciñas, e no embelecemento e humanización do noso entorno.
Promoveránse as seguintes actuacións:
- Continuando coas intervencións que se viñeron realizando durantes estos para a mellora do centro neurálxico da nosa vila, executaránse as obras de últimos 4 anos melloramento e  acondicionamento da Praza de America para continuar ata a Praza do Hospital acometendo unha remodelación total de esta última, de xeito que se cree un ámbito urbano unificado dende a Praza do Carme ata a Praza do Hospital.
- Unha segunda actuación básica para a conservación e posta en valor do noso patrimonio é a Vila e o seu entorno, que pola súa condición de casco histórico e a súa particular beleza requiren a execución de accións que, respetando a súa condición patrimonial, redunden na mellora da calidade de vida dos seus veciños e na renovación de tódolos seus servizos públicos.
-A beleza do río Eume e o seu potencial paisaxístico é merecedor dunha intervención acorde coas súas características. Así, acometeremos a continuación do paseo fluvial que arranca dende a Ponte dos Ferros nun percorrido ó longo do cauce do río ata o paseo do lago que vai dende a Vilabella ata os Alimpadoiros. Nesta actuación é destacable a recuperación ambiental e paixasística da “Illa” e o seu entorno, para que recobre a presenza que tivo antigamente como zona de esparcemento.
- Moitas das rúas e barrios de As Pontes apenas foron reparados, reurbanizados ou embelecidos en 30 anos, polo que a mellora das mesmas require máxima atención e unha actuación de rehabilitación prioritaria. En rúas como a rúa Cabanas, Pontedeume, Avenida de Vilalba, Poboados do Barreiro, Anguieiro e A Fraga, acometeremos a súa remodelación total para melloralos estéticamente e para convertilos en espacios e rúas modernas e funcionais.
As posibilidades de desenrolo económico que nos ofrece “O Lago” son, sen dúbida un aval de cara ó futuro do noso pobo. O seu desenvolvemento ten que ser un proxecto participativo de tódolos
veciños, de modo que todos poidamos aportar e así facelo máis noso.
O desenrolo e promoción turística do lago traerá consigo a implantación dos seguintes proxectos determinantes:
-A creación do Museo da Minería a Ceo Aberto, para a recuperación da memoria do que foi toda a vida da explotación mineira con especial énfase na posta en valor e coñecemento da antiga Escola de Aprendices.
Todo elo para que os nosos fillos e futuras xeracións poidan coñecer un dos aspectos máis importantes da historia deAs Pontes, que supuxo o seu despegue económico e industrial.
Este museo incluirá a exposición ó aire libre de maquinaria empregada na extracción do mineral, a cal, durante máis de 40 anos, formou parte da nosa paisaxe.
- A creación do Centro de Interpretación e da Memoria para a divulgación do coñecemento do lago e o seu entorno, permitindo que todos aqueles visitantes poidan comprender de preto a súa historia, a súa transición de mina a lago, así como a recuperación ambiental levada a cabo tanto no lago coma na entulleira e que permitíu facer de estos dous espazos un fermoso lago e un incomparable parque natural.
No seu apartado da Memoria, as parroquias e lugares que foron arrancados da terra pola actividade mineira, facéndoos desaparecer, recuperarán a súa identidade e protagonismo para que tódolos veciños e visitantes poidan coñecelos e facelos presentes de novo.
- Habilitaránse áreas para a instalación de edificacións acordes ó entorno para o aloxamento de turismo estacional, con áreas de descanso e servicios para autocaravanas.
- Prepararánse zonas para a práctica de deportes ó aire libre compatibles coas posibilidades do propio lago e o seu entorno:
· Habilitación de áreas para a práctica de deportes náuticos e acuáticos: pesca, piragüismo, traíñas, remo, vela e buceo.
· Promoveránse escolas deportivas e competicións de estos deportes.
· Promover a creación dunha escola de equitación.
· Promover a construcción dun campo de golf.
· Diseñar a apertura dunhas rutas de senderismo, perfectamente señalizadas e coas pertinentes indicacións que informen sobre a historia e os elementos máis salientables de cada un dos lugares por onde discurran.
· Promover a realización de actividades de turismo activo: tirolina, kayaks, orientación, paintball, rocódromo, pista de skate, …
· Promover a creación dunha pista para a práctica de aeromodelismo.
- Promover a creación dun Albergue para campamento rehabilitando o edificio das antigas oficinas de Endesa no Tesouro.
- Construcción de miradores, mimetizados co entorno, en lugares estratéxicos que permitan a contemplación do lago, o seu entorno, flora e fauna.
- Construcción de embarcadoiros para pequenas embarcacións de recreo.
- Habilitación dun paseo perimetral peatonal e para mountain bike.
- Creación de áreas recreativas infantis, e outras de esparcemento en xeral.
- Faranse accesos ó lago dende Espiñaredo, Goente e Saa, que contribuirán o desenrolo destos núcleos de poboación que durante moitos anos sufriron os inconvintes de estar situados a pé de mina.
As Pontes precisa dunha infraestrucura para acoller distintos eventos culturais, empresariais, como convencións, feiras de mostras, exhibicións, exposicións, congresos, …, por iso, promoveremos a
construcción dun Pazo de Congresos e Exposición preto do Museo da Minería, de tal xeito que ámbolos dous estén perfectamente comunicados pola variante da Casilla.
Cada vez son máis os xoves ponteses que nos fan chegar as súas inquedanzas e ideas. Neste senso, aproveitaremos as instalacións e reciclaremos o uso da Casa da Enerxía, unha edificación actualmente en deshuso pola falta de previsión e planificación doutros gobernos, para crear alí a Casa da Xuventude.
As 91 prazas coas que conta a Escola Infantil Municipal, máis as 13 de ampliación, non serán suficientes para cubrir a demanda que se prevé para os vindeiros anos. A ubicación da actual escola fai
imposible a súa ampliación, polo que é preciso a construcción dunha nova Escola Infantil Municipal con capacidade suficiente para atender toda a demanda que se cree, e poder favorecer deste xeito a conciliación da vida laboral e familiar de todos os veciños de As Pontes.
A formación dos nosos xoves e a súa concienciación no mantemento e cuidado do medioambiente é un dos obxetivos do noso programa. Para elo fomentaremos a creación das Brigadas Verdes Infantís, coa habilitación de zonas de cultivo onde os xoves e nenos participantes poidan aprender cultivando e coidando as súas propias plantacións.