Estimado veciño/a:
Nas túas mans tes a proposta de futuro para a nosa vila, que te ofrecemos un grupo de veciños, que con humildade pero con decisión gobernará As Pontes dende a tolerancia e o respeto, cuns obxetivos moi claros; seguir transformando o noso urbanismo para que nos sintamos orgullosos de máis espacios como aAvenida da Coruña, rúa Rego do Campo, rúa Mugardos, Praza do Carme, O Parque,… tamén os servizos de atención socias, coa construcción “por fin” dun Xeriátrico Público” (110 prazas), e sobre todo, para dirixir a planificación de desenvolvemento económico coa ampliación de solo industrial, máis de dous millóns de metros cuadrados, obxetivo que nos convertirá no primeiro enclave industrial de Galicia.
Hoxe como vila industrial asistimos as dificultades no texido empresarial debido a crise, pero tamén seguimos creando novas empresas (Daxiong, Biomasa, Delicias Coruña, Automatic Tube, Verdiberia, …) e novos proxectos como unha planta de biomasa promovida por Enel e Foresta Capital que xenerará un centenar de postos de traballo directos e indirectos.
Ademáis a nosa vila segue como enclave idóneo para o traslado da celulosa de Ence, que dende este equipo defenderemos e loitaremos para que así seña.
Continuando coa eficiente xestión económica de estes últimos catro anos, que nos convirte no Concello máis saneado da provincia, nos permitirá reinvertir os beneficios en novas inversións, e nos da capacidade para afrontar os retos como o proxecto do lago e o seu entorno ou a remodelación do entorno urbano e rural.
Por elo, todos xuntos, nun momento no que non caben os extremismos nin os conflictos, vos pedimos o apoio maioritario a éste proxecto político que encabezo con orgullo e como xa sabedes, con compromiso.
Valentín González Formoso,
Candidato á Alcaldía de As Pontes
Un proxecto sustentado en feitos …
Hai catro anos iniciamos ó cambio nesta vila, e vamos polo bo camiño; un cambio en diversos ámbitos, o principal é o cambio producido na convivencia social, xa deixamos atrás os radicalismos, acabouse o, xa non coñecen a As Pontes en Galicia como o pobo conflictivo que ten un goberno que emprega como sistema de traballo a confrontación, a división social e o enfrentamento.
Ese é un dos principais logros, pero o cambio tamén iniciou o seu proceso no URBANISMO ….
Iniciamos un proceso de remodelación urbanística tanto do casco urbán como dos núcleos rurais, así comenzamos insistindo no eixo principal de equipamento coa remodelación da Praza do Carme.
Continuamos coa da Casa do Concello, adecentada tras moitos anos de abandono. Seguimos coa posta en valor do parque e xardíns do Campo da Feira que simboliza a apertura e a unión desta nova etapa.
Tamén retiramos o peche de formigón prefabricado do querido Colexio Santa María, e o sustituimos por un peche acorde coa súa entidade.
No mesmo eixo, convertimos unha rúa triste e abandonada nunha rúa propia dunha cidade, a Av. da Coruña que uníndoa coa remodelada rúa Rego do Campo, deixada dende fai moitos anos a súa sorte, fan un conxunto de paseo humanizado, práctico e moderno.
Pero non paramos ahí, e tamén apostamos polo resto das rúas, como Mugardos ou poboados como a Magdalena, Barreiro, Casilla, Chamoselo ou a propia Vila.
Ademáis, intervimos en edificios públicos abandonados como a Estación de Autobuses ou a Piscina Municipal; non só no urbano, tamén no rural, así intervimos en todas as parroquias facendo un gran esforzo por mellorar todas as carencias que precisaban unha rápida intervención.
Sendo así, nós e o día 22 de maio continuaremos con este modelo que está a facer de As Pontes un lugar para pasear e para disfrutar, temos moita ilusión, un lugar para ensinar, un lugar para vivir …
Trás anos de deixadez e cunha única actuación en promoción de solo industrial, a Fase II do Polígono dos Airios, cun nefasto resultado, (o Concello está a invertir 4 anos despois da súa construcción sobre recheo, case 3 millóns de euros para reparar e prevenir os graves defectos e impacto no río Eume), procedimos a aprobar a través do Ministerio de Industria un acordo para destinar 21 millóns de euros á ampliación do Polígono de Penapurreira.
Ademáis acordamos con ENDESA a cesión das naves de Espiñaredo para executar un Polígono de 220.000 m2; e por último estamos a xestionar co Estado a promoción dun Polígono de máis de 1.500.000 m2 na zona do Aparral, actuación que nos convertirá no 1º enclave Industrial de Galicia.
Ademáis, puxemos por primeira vez en marcha, sendo conscientes de que as cousas non veñen soas e para combatir a deixadez do goberno anterior en materia de captación de proxectos empresarias, o IPPEC (Instituto Pontés de Promoción Económica) que en estes tempos de restricciós captou xunto coa Opyde novas empresas; Delicias Coruña, Automatic Tube, Evasa, CT-Rad, Biomasa Forestal, Verdiberia, LM Wind Power ou Daxiong Spain ademáis de novos proxectos que se concretarán.
No ámbito económico, fumos quen de poñer as cousas no seu sitio no Plan Miner, trás anos nos que o goberno anterior “tragaba” e permitía que se fixeran obras con cartos dos ponteses que tiñan que facerse con cargo a presupostos da Xunta, por exemplo a variante da estrada de Ortigueira, dous tramos do corredor Cabreiros-Vilalba, a estrada de Cabanas, e porque chegamos a tempo para evitalo, pero o candidato do BNG xa firmara coa Xunta para facer unha nova depuradora con cartos do Miner. Pero chegamos nós, e estase facendo, pero con cartos da Xunta, no cos do Miner, que os estamos a adicar ao novo proxecto do Xeriátrico.
Ademáis, tras un acordo entre o actual candidato do BNG e o Concello de Cerceda, os fondos Miner, que corresponden a Galicia en cada ano se repartian ao 50%, nós obrigamos a cumprir as directrices do Plan, e agora As Pontes leva o 70% dos fondos e Cerceda o 30%, o cal demostra a pésima xestión e actuación dos representantes do BNG.
Por outra parte, o cambio na xestión de facenda local, fai que sexamos o Concello máis saneado cun endeudamento do 0,42%, o cal é dos máis baixos de Galicia, cun resultado positivo nos catro anos de goberno, e con unha imaxe excelente no ámbito dos proveedores, “As Pontes sempre paga“.
Tal situación non é senón por unha xestión seria e dinámica, que contrasta coa situación anterior que só se baseaba en vivir dos convenios con ENDESA e nada máis. Pois nós, sí variamos ese modelo, as arcas municipais dispoñen de 5.000.000 €uros para invertir, e esa capacidade ven dada porque xestionamos as compras mediante un modelo empresarial, sacando a concurso todo, por exemplo, os seguros (co BNG se pagaba por unha furgoneta de 17 anos a terceiros 950 €uros ou por outra de 20 anos ata 2.700 €uros), ou a telefonía móbil ou o suministro de combustible, ou a recuperación dalgúns contratos como a xardinería ou a suspensión dalgúns “increibles” como a dirección da TV Local que adxudicou o goberno anterior a unha empresa de Ferrol por 80.000 €/ano, agora, tras anular ese contrato e asinarlle á dirección a un profesional de sempre da nosa TV Local temos un aforro moi importante. Co anterior goberno do BNG eso si era despilfarro e intento de control dos medios de comunicación.
E como non podia ser doutra maneira, démoslle un cambio os Servizos Socias, acabouse a intervención do Alcalde nos expedientes, agora son os técnicos os que evalúan profesionalmente e deciden.
Neste ámbito creamos a Oficina de Atención á Dependencia, cunha inversión de 300.000 € anuais, e no que contaremos con aumentar de forma responsable e sostible a inversión.
Duplicamos o presuposto en axuda a domicilio e aumentamos un 30% o presuposto en Servizos Sociais, ademáis ampliamos a Escola Infantil Municipal ata as 91 prazas e a dotamos de servizo psicopedagóxico.
E “por fin” teremos un Xeriatríco Público, na Canle IV, co proxecto xa aprobado cunha inversión de 5.000.000 €. para un centro de 110 prazas, firmado dentro do Plan Miner.
Podríamos enumerar centos de actuacións dentro da acción do actual goberno pero só pretendemos dar unha visión básica dos feitos realizados como mostra de que un programa é para cumplilo, e as nosas propostas son ….



