AS PONTES VOLVE A RESPONDER A CHAMADA DOS SOCIALISTAS

Os ponteses e pontesas responderon unha vez mais cun cheo absoluto no Cine Alovi á nosa chamada ó mitin de campaña para as eleccións xerais.

Dende a Agrupación socialista de As Pontes queremos agradecer de todo corazón o gran apoio recibido dos nosos veciños neste acto.

As intervencións correron a cargo do noso alcalde, Valentín González Formoso, do alcalde de Lugo, José López Orozco, do ex-alcalde de A Coruña, Paco Vázquez, da nosa Concelleira e candidata número 5 ó Congreso, Jessica Lago, e da candidata ó congreso, Paloma Rodríguez.

O domingo día 20, todos a votar.

LOITA POLO QUE QUERES !!