Galería de imaxes Archivo

0

AS PONTES VOLVE A RESPONDER A CHAMADA DOS SOCIALISTAS

Os ponteses e pontesas responderon unha vez mais cun cheo absoluto no Cine Alovi á nosa chamada ó mitin de campaña para as eleccións xerais.

Dende a Agrupación socialista de As Pontes queremos agradecer de todo corazón o gran apoio recibido dos nosos veciños neste acto.

As intervencións correron a cargo do noso alcalde, Valentín González Formoso, do alcalde de Lugo, José López Orozco, do ex-alcalde de A Coruña, Paco Vázquez, da nosa Concelleira e candidata número 5 ó Congreso, Jessica Lago, e da candidata ó congreso, Paloma Rodríguez.

O domingo día 20, todos a votar.

LOITA POLO QUE QUERES !!

0

APOIO TOTAL NO MITIN DE CERRE DE CAMPAÑA

0

CHEO ABSOLUTO NA CONFERENCIA DE PACO VAZQUEZ

Publicamos unha serie de imaxes do acto de onte na Casa Dopeso, na que Paco Vázquez e Valentín González interviron na conferencia “20 anos engrandecendo unha cidade”. A Casa Dopeso chea a rebosar polos veciños de As Pontes que se achegaron a escoitar os dous protagonistas.

Dende a Agrupación de As Pontes do PSdeG-PSOE, queremos agradecer a todos os ponteses a asistencia e o apoio recibido neste acto. Gracias pola ilusión que demostrades.

Recordar que o venres as 20 horas no Cine Alovi, celebraremos o mitin central e cerre de campaña, no que intervirán o noso alcalde, Valentín González Formoso e membros da candidatura. Alí vos esperamos novamente.

0

AS PONTES ESTARÁ INCLUIDA DENTRO DO PLAN DA MINERÍA 2013-2018

O Ministro de Industria, Turismo e  Comercio, Miguel Sebastian, visitou onte as instalacións da central térmica de Endesa no noso municipio, acompañado polo alcalde de As Pontes, responsables da central eléctrica, o deputado Xabier Carro e o subdelegado do goberno en A Coruña José Manuel Pose.

Nesta visita, o Ministro anunciou que As Pontes estará incluida e polo tanto recibirá axudas no próximo Plan de la minería 2013-2018, unha gran noticia para o noso municipio.

Isto permitirá que podamos seguir ofertando polo menos ata ó 2018, as subvencións que hoxe están a un 40% a fondo perdido para ás empresas con xeración de postos de traballo. Volver a entrar no Plan Miner, permitirá tamen as prexubilacións e polo tanto novas incorporacións a Endesa, becas de formación e axudas para infraestructuras.

 

0

INAUGURACIÓN INSTALACIÓNS DE PROMETAL INNOVACION

Hoxe asistimos a un evento ilusionante no que dous emprendedores de As Pontes mostraron a realidade do seu proxecto empresarial iniciado hai uns anos. Prometal é unha iniciativa xa consolidada que está a xerar emprego directo e indirecto na nosa vila, e que ademais continuando co seu afán de aglutinar ao empresariado pontés abogou pola unión práctica á hora de afrontar a captación de proxectos.

Esta boa nova, nunha época onde as empresas sufren as adversidades da escasez de financiación, ademais de outros factores, ás veces pola situación xeral e outras tamén agravadas pola propia xestión, é unha mostra da forza de As Pontes e do seu dinamismo, pois a naide se lle escapa que as noticias nesta época e nunha vila industrial como As Pontes non son boas en moitos casos(peche de Aceriusa, ERE de Formoso, Cuíña, despidos en Einsa, Galparquet, etc..) ou Somozas(Gamesa pasou de 700 empregados a 190, ERE de Sem, despidos de Xiloga, etc…), ou Narón(ERE de Poligal, Megasa, etc). E EN TODAS AS VILAS INDUSTRIAIS IGUAL, así que nun tema como é o do emprego, debemos de ser rigurosos, sí pecharon algunhas empresas, e outras están en dificultades, pero o que é certo tamén é que non deixan de abrirse e ampliarse empresas, VERDIBERIA, DELICIAS CORUÑA, EVASA, BIOMASA FORESTAL, REVALNOR que xa comprou o terreo, CT-RAD, AUTOMATIC TUBE, DAXIONG SPAIN, LM WIND POWER, SERGAVI, etc, o cal demostra que segue a haber vida e futuro nas Pontes, temos solo, temos auga, temos gas, temos boas comunicacións, temos axudas públicas, temos suministro eléctrico, temos man de obra cualificada, moi cualificada, en definitiva temos futuro.

0

Candidatura Eleccións Municipais 2011

Candidatos:
1. VALENTIN GONZALEZ FORMOSO
2. MARIA MONTSERRAT GARCIA CHAVARRIA
3. ANTONIO ALONSO ROMAN
4. JOSE ALEN ALVAREZ
5. MARIA DE LA FLOR LAGO MENDEZ
6. ANTONIO CASTRO FERREIRO
7. ANTONIO LOURES REBOLO
8. CARLOS CASTRO OTERO
9. SARA RAMOS RODRIGUEZ
10. ANA MARIA PENA PURRIÑOS
11. ELADIO SANTIAGO BOUZA CALVO
12. JESUS TEMBRAS MARTINEZ
13. MARIA ERIKA SANZ GILES
14. LAURA AMENEIRO ROMERO
15. SERVANDO MOURIN FREIJO
16. MERCEDES FERNANDEZ RIVERA
17. JOSE RAMON VILAR DIAZ
Suplentes:
1.- JOSE PITA SANJURJO
2.- JESUS OTERO REY
3.- TANIA CARBALLEIRA AMARELO
4.- LUCIA CABARCOS NOVO
5.- OSCAR GARCIA GARCIA
6.- JAVIER CARBALLO OSEIRA
7.- EVA CONDE MURADO
8.- MARIA DE LOS ANGELES GARCIA MARTINEZ
9.- SERGIO SALVATIERRA GABEIRAS
10.- VICENTE ROCA UCEIRA

0

Presentación da Candidatura

O  sábado 9 de abril presentamos, ante máis de 700 veciños, que fixeron  do noso querido CINE ALOVI, un lugar pequeno, quedando xente  mesmo  na beirarrúa. Ao ver a resposta da xente, ante a convocatoria, ver alí a moitos amigos, a compañeiros que non repetirán no  goberno,  emocioneime profundamente. A política levada desde o  corazón faiche sufrir cada día pero éncheche porque as persoas fan que mereza a pena. A política é a máis nobre das actividades humanas, estrágaa a actitude miserable dalgunhas persoas que a exercen, pero a esencia da mesma é achegar á evolución da   contorna social que nos rodea, buscar a mellora xeral.
De verdade GRAZAS ENORMES en nome do PSdeG de As Pontes, dos meus compañeiros de lista e do goberno municipal por acudir a escoitarnos,  e a arrouparnos. Necesitamos algún tempo máis para culminar o noso proxecto, e á vez con toda a forza posible, nun momento no que debemos  confiar, e  axuntar esforzos para lograr novas oportunidades no  noso pobo.  GRAZAS

 

Páxina 1 de 11