Programa Archivo

0

programa

Estimado veciño/a:

Nas túas mans tes a proposta de futuro para a nosa vila, que te ofrecemos un grupo de veciños, que con humildade pero con decisión gobernará As Pontes dende a tolerancia e o respeto, cuns obxetivos moi claros; seguir transformando o noso urbanismo para que nos sintamos orgullosos de máis espacios como aAvenida da Coruña, rúa Rego do Campo, rúa Mugardos, Praza do Carme, O Parque,… tamén os servizos de atención socias, coa construcción “por fin” dun Xeriátrico Público” (110 prazas), e sobre todo, para dirixir a planificación de desenvolvemento económico coa ampliación de solo industrial, máis de dous millóns de metros cuadrados, obxetivo que nos convertirá no primeiro enclave industrial de Galicia.

Hoxe como vila industrial asistimos as dificultades no texido empresarial debido a crise, pero tamén seguimos creando novas empresas (Daxiong, Biomasa, Delicias Coruña, Automatic Tube, Verdiberia, …) e novos proxectos como unha planta de biomasa promovida por Enel e Foresta Capital que xenerará un centenar de postos de traballo directos e indirectos.

Ademáis a nosa vila segue como enclave idóneo para o traslado da celulosa de Ence, que dende este equipo defenderemos e loitaremos para que así seña.

Continuando coa eficiente xestión económica de estes últimos catro anos, que nos convirte no Concello máis saneado da provincia, nos permitirá reinvertir os beneficios en novas inversións, e nos da capacidade para afrontar os retos como o proxecto do lago e o seu entorno ou a remodelación do entorno urbano e rural.

Por elo, todos xuntos, nun momento no que non caben os extremismos nin os conflictos, vos pedimos o apoio maioritario a éste proxecto político que encabezo con orgullo e como xa sabedes, con compromiso.

Valentín González Formoso,
Candidato á Alcaldía de As Pontes


Un proxecto sustentado en feitos …

Hai catro anos iniciamos ó cambio nesta vila, e vamos polo bo camiño; un cambio en diversos ámbitos, o principal é o cambio producido na convivencia social, xa deixamos atrás os radicalismos, acabouse o, xa non coñecen a As Pontes en Galicia como o pobo conflictivo que ten un goberno que emprega como sistema de traballo a confrontación, a división social e o enfrentamento.

Ese é un dos principais logros, pero o cambio tamén iniciou o seu proceso no URBANISMO ….

Iniciamos un proceso de remodelación urbanística tanto do casco urbán como dos núcleos rurais, así comenzamos insistindo no eixo principal de equipamento coa remodelación da Praza do Carme.

Continuamos coa da Casa do Concello, adecentada tras moitos anos de abandono. Seguimos coa posta en valor do parque e xardíns do Campo da Feira que simboliza a apertura e a unión desta nova etapa.

Tamén retiramos o peche de formigón prefabricado do querido Colexio Santa María, e o sustituimos por un peche acorde coa súa entidade.

No mesmo eixo, convertimos unha rúa triste e abandonada nunha rúa propia dunha cidade, a Av. da Coruña que uníndoa coa remodelada rúa Rego do Campo, deixada dende fai moitos anos a súa sorte, fan un conxunto de paseo humanizado, práctico e moderno.

Pero non paramos ahí, e tamén apostamos polo resto das rúas, como Mugardos ou poboados como a Magdalena, Barreiro, Casilla, Chamoselo ou a propia Vila.

Ademáis, intervimos en edificios públicos abandonados como a Estación de Autobuses ou a Piscina Municipal; non só no urbano, tamén no rural, así intervimos en todas as parroquias facendo un gran esforzo por mellorar todas as carencias que precisaban unha rápida intervención.

Sendo así, nós e o día 22 de maio continuaremos con este modelo que está a facer de As Pontes un lugar para pasear e para disfrutar, temos moita ilusión, un lugar para ensinar, un lugar para vivir

e ti, tes ilusión?

Trás anos de deixadez e cunha única actuación en promoción de solo industrial, a Fase II do Polígono dos Airios, cun nefasto resultado, (o Concello está a invertir 4 anos despois da súa construcción sobre recheo, case 3 millóns de euros para reparar e prevenir os graves defectos e impacto no río Eume), procedimos a aprobar a través do Ministerio de Industria un acordo para destinar 21 millóns de euros á ampliación do Polígono de Penapurreira.

Ademáis acordamos con ENDESA a cesión das naves de Espiñaredo para executar un Polígono de 220.000 m2; e por último estamos a xestionar co Estado a promoción dun Polígono de máis de 1.500.000 m2 na zona do Aparral, actuación que nos convertirá no 1º enclave Industrial de Galicia.

Ademáis, puxemos por primeira vez en marcha, sendo conscientes de que as cousas non veñen soas e para combatir a deixadez do goberno anterior en materia de captación de proxectos empresarias, o IPPEC (Instituto Pontés de Promoción Económica) que en estes tempos de restricciós captou xunto coa Opyde novas empresas; Delicias Coruña, Automatic Tube, Evasa, CT-Rad, Biomasa Forestal, Verdiberia, LM Wind Power ou Daxiong Spain ademáis de novos proxectos que se concretarán.

No ámbito económico, fumos quen de poñer as cousas no seu sitio no Plan Miner, trás anos nos que o goberno anterior “tragaba” e permitía que se fixeran obras con cartos dos ponteses que tiñan que facerse con cargo a presupostos da Xunta, por exemplo a variante da estrada de Ortigueira, dous tramos do corredor Cabreiros-Vilalba, a estrada de Cabanas, e porque chegamos a tempo para evitalo, pero o candidato do BNG xa firmara coa Xunta para facer unha nova depuradora con cartos do Miner. Pero chegamos nós, e estase facendo, pero con cartos da Xunta, no cos do Miner, que os estamos a adicar ao novo proxecto do Xeriátrico.

Ademáis, tras un acordo entre o actual candidato do BNG e o Concello de Cerceda, os fondos Miner, que corresponden a Galicia en cada ano se repartian ao 50%, nós obrigamos a cumprir as directrices do Plan, e agora As Pontes leva o 70% dos fondos e Cerceda o 30%, o cal demostra a pésima xestión e actuación dos representantes do BNG.

Por outra parte, o cambio na xestión de facenda local, fai que sexamos o Concello máis saneado cun endeudamento do 0,42%, o cal é dos máis baixos de Galicia, cun resultado positivo nos catro anos de goberno, e con unha imaxe excelente no ámbito dos proveedores, “As Pontes sempre paga“.

Tal situación non é senón por unha xestión seria e dinámica, que contrasta coa situación anterior que só se baseaba en vivir dos convenios con ENDESA e nada máis. Pois nós, sí variamos ese modelo, as arcas municipais dispoñen de 5.000.000 €uros para invertir, e esa capacidade ven dada porque xestionamos as compras mediante un modelo empresarial, sacando a concurso todo, por exemplo, os seguros (co BNG se pagaba por unha furgoneta de 17 anos a terceiros 950 €uros ou por outra de 20 anos ata 2.700 €uros), ou a telefonía móbil ou o suministro de combustible, ou a recuperación dalgúns contratos como a xardinería ou a suspensión dalgúns “increibles” como a dirección da TV Local que adxudicou o goberno anterior a unha empresa de Ferrol por 80.000 €/ano, agora, tras anular ese contrato e asinarlle á dirección a un profesional de sempre da nosa TV Local temos un aforro moi importante. Co anterior goberno do BNG eso si era despilfarro e intento de control dos medios de comunicación.

E como non podia ser doutra maneira, démoslle un cambio os Servizos Socias, acabouse a intervención do Alcalde nos expedientes, agora son os técnicos os que evalúan profesionalmente e deciden.

Neste ámbito creamos a Oficina de Atención á Dependencia, cunha inversión de 300.000 € anuais, e no que contaremos con aumentar de forma responsable e sostible a inversión.

Duplicamos o presuposto en axuda a domicilio e aumentamos un 30% o presuposto en Servizos Sociais, ademáis ampliamos a Escola Infantil Municipal ata as 91 prazas e a dotamos de servizo psicopedagóxico.

E “por fin” teremos un Xeriatríco Público, na Canle IV, co proxecto xa aprobado cunha inversión de 5.000.000 €. para un centro de 110 prazas, firmado dentro do Plan Miner.

Podríamos enumerar centos de actuacións dentro da acción do actual goberno pero só pretendemos dar unha visión básica dos feitos realizados como mostra de que un programa é para cumplilo, e as nosas propostas son ….

0

industria – programa

As Pontes será o 1º enclave industrial
de Galicia

O noso futuro a curto e medio prazo pasa pola disponibilidade de solo industrial dabondo para o asentamento de novos proxectos industriais. Por iso:

- Existen 40.000 m2 de chan industrial libres no polígono de Penapurreira, descontando xa o solo reservado para tres proxectos confirmados, Daixong, Revanor e Verdiberia.

- Temos firmado un convenio co Ministerio de Industria por valor de 21 millóns de euros para a ampliación do Polígono de Penapurreira en 800.000 m2 adicionais.

- Negociamos con ENDESA o aproveitamento industrial da zona de Espiñaredo que dotará, de xeito inmediato, de 220.000 m2 de solo industrial ó noso Concello. No canto de votar abaixo un espazo industrial xa construido e dotado de tódolos servizos, poñerémolo a disposición de proxectos industriais xeradores de emprego para o pobo.

- Promoveremos en Aparral, un novo polígono industrial de 1.800.000 m2, o que fará do noso Concello a primeira potencia industrial por solo de Galicia, garantindo as necesidades futuras do noso Concello para o asentamento de calquera proxecto industrial, por grande que sexa.

- Promoveremos a implantación dun servizo de transporte nos polígonos.

- Dotaremos ós polígonos dun Plan de emerxencia e promoveremos a súa vixiancia e o mantemento das zonas comúns.

As Pontes é o 3º enclave industrial de Galicia, hoxe a pesar da crisis que azota máis severamente as vilas industriais, e que provoca dificultades serias na traxectoria e na viabilidade dalgunhas empresas, están implantándose novos proxectos diversificadores e innovadores o que demostra a competitividade deste emplazamento industrial, polo prezo do solo, as comunicacións, a oferta enerxética, etc…

Así, acollimos a implantación de Delicias Coruña, Biomasa Forestal, Automatic Tube, CT-Rad, Evasa, Daxiong Spain, Verdiberia, LM Wind Power, Centro de Severiano Gestión, … así como un primer proxecto industrial forestal que promoverá Enel e Foresta Capital; en definitiva, entre as empresas novas que se entán a instalar, e as xa implantadas, a nosa vila ten un potencial no presente e no futuro moi sólido, complementada cunha rede de pequenas empresas e autónomos moi capacitada e fiable.

- Fomentaremos a contratación preferente de desempregados veciños de As Pontes, mediante a sinatura de acordos directos con todas e cada unha das empresas ubicadas no noso Concello.

- Faremos as xestións necesarias para que As Pontes se manteña dentro do Plan Miner no periodo 2012-2018. As Pontes recibíu inversións directas do Plan Miner no período 1998-2010 por mais de 600 millóns de euros. O plan remata no vinedeiro ano 2012, de ahí a importancia de que alguén con peso diante do Ministerio de Industria logre a prórroga do Plan Miner para As Pontes.

Crearemos unha empresa Municipal de Inversións que funcione como soporte financieiro ás PEMES. Que ningún emprendedor deixe de crear emprego por falta de recursos.

- Potenciaremos o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) na súa laboura de promoción de As Pontes como polo de atracción inversora e como captador de proxectos industriais para o noso Concello.

-Levaremos adiante políticas activas de emprego, coordenadas co IPPEC, co obxetivo de adaptalas ás demandas do mercado laboral (plans experimentais de emprego, escolas obradoiro, programas de atención ós parados de longa duración cunha especial atención a xuventude, ós discapacitados e outros sectores máis desfavorecidos).

- Promoveremos a creación dun Viveiro Industrial para autónomos no Polígono Industrial de Penapurreira cun investimento de 1.200.000 €. Dita infraestructura conlevará un centro de formación.

COMERCIO E HOSTELERIA:- Fomentaremos a implantación das novas tecnoloxías no comercio tradicional do Concello, poniendo ó seu dispor un técnico informático que os asesore de xeito gratuíto na aplicación das novas tecnoloxías da información para a mellora da actividade comercial e hosteleira.

-Seguiremos a apostar porque a boa situación económica das arcas municipais revirta ó máximo posible no comercio e industria locais, mediante a inversión en productos e servizos suministrados por empresas e comercios asentadas no noso Concello.

- Habilitaremos, a través da Empresa Municipal de Inversións, unha liña de crédito para a creación, reforma e modernización do comercio e a hostelería local.

- Impulsaremos,  xunto cós profesionais do sector, programas de formación e promoción orientados á dinamización do comercio e a hostelería.

0

urbanismo – programa

… Continuaremos transformando ata o último recuncho da nosa vila …

- Apostando por un novo urbanismo nas rúas do pobo, mellorando os servizos e a súa pavimentación como por exemplo a Rúa Cabanas, Av. de Vilalba, Poboados Magdalena, A Fraga, Barreiro e Anguieiro, ademáis das xa proxectadas na Rúa Monfero, Francisco Cabo Pastor, Rúa da Fábrica e Rúa Viveiro.

- Remodelación integral da Praza do Hospital.
- Intervención urbana na Praza deAmérica.

- Continuaremos coa rehabilitación de espazos abandonados polo goberno anterior, como o “hexágono da Fraga” agora convertido na Casa de Formación e Oficios e Centro de Educación Medioambiental, acometeremos as obras de impermeabilización da fachada e o acondicionamento interior da mesma para o seu uso polas diferentes asociacións que dende hai tempo veñen demandando locais para desenvolver as súas actividades, así como locais de ensaio para os grupos musicais.

- Intervención no Poboado das Veigas; o Concello farase cargo do poboado, eso sí, esixindo a ENDESA o seu acondicionamento previo e a conservación da súa estética e urbanismo, non como ocorreu cos poboados da Fraga, Magdalena, Barreiro e o Anguieiro, que se recepcionó polo Concello a cambio de nada e sen amañar, como exemplo nefasto da xestión do BNG.

- Remodelación “por fin” da estación de autobuses, convertindo o actual edificio nun novo edificio onde se albergarán servizos de atención ao público, tanto municipais (Policia Local, …) como da Xunta (Oficina de Medio Rural, …) ou a Cámara de Comercio.

- Construcción dun acceso entre a Avenida de Ferrol e a Canle IV.

- Construcción dunha ruta de senderismo urbana dende a rúa Rita
Rivera Chao ata osAlimpadoiros.

- Continuaremos coa remodelación da Vila.

- Rehabilitaremos as antigas Casas Rectorais de San Pedro de Eume e O Freixo.

- Dotaremos de saneamento nos núcleos de O Narón, A Cuiña, Goente, Villerma, Espiñaredo, Bermui e Ribadeume.

… pola importancia do urbanismo no desenvolvemento tanto do casco urbán como no rural …

- Tras 25 anos, por fin, procederemos a redacción do “Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), coa finalidade de ordear o termo municipal dun xeito integrado e coherente coas características físicas, socioeconómicas e os valores nos que se desenvolveu tradicionalmente.

As modificacións na lexislación urbanística e sectorial acontecidas nos últimos anos polo Concello de As Pontes demandan a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal como a ferramenta que substitúa o papel das Normas Subsidiarias na planificación do crecemento do territorio local.

- Planificaremos a intervención urbana no entorno do Lago, tendo en conta que a paisaxe é un elemento fundamental da calidade de vida das persoas, cun desenvolvemento urbanístico respetuoso reflexo fiel dunha sociedade harmónica co medio ambiente, onde prime o aproveitamento racional e sostible dos recursos do territorio.

0

servizos sociais – programa

traballando para mellorar os servizos aos nosos veciños, …

- Construcción do Xeriátrico Público Municipal cun orzamento de 5.000.000 € a cargo do Miner, xa comprometidos.

- Construcción dunha Ludoteca Municipal, como centro integral de atención á infancia.

- Esixir a construcción de vivendas sociais de reximen xeral, cedendo para elo parcela municipal.

- Construcción dun local para a Asociación A Xanela.

- Seguir esixindo a Xunta de Galicia a inmediata posta en marcha do Centro de Día.

- Seguir aumentando o orzamento municipal para atender ós dependentes valorados que non perciban o servizo, por falla de financiación autonómica.

- Seguir potenciando o programa de voluntariado para atención, acompañamento, apoios para imprevistos e pequenas tarefas a discapacitados, maiores, infancia, familias monoparentais e colectivos en riscos de exclusión social.

- Seguir potenciando o programa de atención rural, mediante o cal as traballadoras sociais establezcan contactos periódicos cos veciños/as das parroquias.

- Seguir potenciando o programa de formación a mulleres e colectivos máis desfavorecidos, para favorecer a súa inserción laboral.

- Crear o Consello Municipal da Muller, onde se propoñerían as actividades a realizar, partindo das inquedanzas das mulleres, o cal sería a base para fomentar a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

- Promover a participación de tódalas asociacións dedicadas a Servizos Sociais, para a toma de decisións ó respecto na materia.

- Creación dun programa de préstamo de material ortoprotésico para persoas sin recursos, ou con necesidades puntuais de emerxencia.

- Creación dunha línea municipal de axudas individuais para a eliminación de barreiras arquitectónicas, adquisicións de material.

- Continuar xestionando ante o Sergas a mellora da oferta sanitaria do Concello (Pediatría, Raios X, …).

- Continuar coas políticas de conciliación da vida familiar e laboral levadas a cabo nestes 4 últimos anos: campamentos urbáns en tódolos períodos de vacacións escolares, programa de apertura de centros fora dos horarios escolares (obradoiros de inglés, …) programa de “almorzos no cole”, programa de “aulas de diversión”, …

- Seguir potenciando o programa “xantar na casa”, para fomentar a autonomía, evitando así a institucionalización e conseguinte desenraizamento dos nosos maiores.

- Creación do programa de apoio psicosocial, dirixido aos cuidadores non profesionais, dándolles información e asesoramento acerca dos recursos e servizos existentes, ademáis de apoio psicolóxico, para evitar a sobrecarga do cuidador.

0

cultura e deporte – programa

O deporte coma dereito-saúde e ben cultural, non é so un instrumento de protección da saúde pública, senon un elemento de convivencia, é unha expresión de non discriminación por razóns de idade, sexo ou condición.

O Concello de As Pontes, ten unhas infraestrucutras deportivas idóneas, con instalacións, asociacións e entidades deportivas, que aglutinan o deporte local nos seus máis diversos aspectos (deportes para todos, asociacionismo deportivo, …), que é necesario articular, coordinar e fomentar nas súas diferentes vertientes.

Dende o noso Concello queremos promocionar o desenrolo da cultura física da nosa poboación, así como todas as prácticas deportivas de caracter federado, aficionado ou popular.
- Creación dun Espazo Deportivo Municipal Multidisciplinar Sostenible.
- Creación de becas de estudio para deportistas destacados nas distintas disciplinas deportivas para que non vexan frenada tanto a súa vida deportista coma educativa.
- Facilitar o transporte entre as parroquias limítrofes e o núcleo urbán, para que todo aquel que se atope en idade escolar, poida asistir ás diferentes actividades que oferte o Patronato de Deportes.
- Organización de marchas senderísticas e cicloturistas, en colaboración coas organizacións xa existentes.
- Fomento do deporte familiar, do deporte base e de novas prácticas, deporte en familia, deporte de fin de semana, saídas en bicicleta polo carril bici, recuperación de xogos tradicionais, iniciación a novos deportes (deportes de aventura, orientación, acuáticos, …).
- Seguir o desenrolo de programas deportivos dirixidos a nosa infancia, xuventude, discapacitados, terceira idade, adultos e deportes federados.
- Desenrolar un programa dirixido a completar as dotacións deportivas nos distintos barrios do noso municipio, así como a rehabilitación e modernización das xa existentes.
- Combatir, con campañas informativas destinadas a escolares e APAS do municipio, a violencia no deporte.
- Potenciar o uso das instalacións deportivas dos Centros Escolares durante o fin de semana.
- Seguir dotando económicamente o Plan Municipal de Subvencións aos Clubes Deportivos do municipio.
- Desenrolar o Plan de Cubrición das pistas de padel.
- Creación da Escola Municipal de Ioga.
- Axudas familiares para o desenrolo de calquera actividade deportiva de carácter privado (ximnasio, musculación, aerobic, …).
- Construcción dun campo de herba artificial. – Equipar de infraestructuras deportivas a pista anexa ó Pavillón Polideportivo Municipal.
- Construcción anexa á Piscina Municipal dun ximnasio municipal (mellorando e ampliando o existente) e un Spa Municipal.
- Planificación da Piscina Municipal ó aire libre.
- Seguir esixindo unha oferta de ciclos formativos adecuada á realidade empresarial da nosa vila.
- Esixir a implantación da Escola Oficial de Idiomas.
- Creación da Casa da Xuventude.
- Creación dunha oficina municipal de turismo na zona da Casilla.
- Instauraremos cursos formativos para colectivos de xubilados e prexubilados.
- Aproveitaremos as instalacións do Cine Alovi para facer ciclos temáticos de diferentes xéneros cinematográficos.
- Fomentaremos os productos locais, artesanía, gastronomía, ….
- Dada a excelente aceptación das escolas municipais tanto de baile como de música, continuaremos intentando melloralas en instalacións, profesorado, …
- Creación dunha sala de exposicións no futuro Centro de Ocio, con cabida para tódolos artistas, pero con preferencia para os artistas locais.
- Neste mesmo Centro de Ocio, haberá lugar para as novas instalacións da Biblioteca Municipal.
- Compromiso de diversificar as Festas do Carme e a Fraga, tendo cabida actuacións para todo ó público.

0

acción rural – programa

... xerando futuro nas nosas parroquias …

Contamos cun amplio programa para acción rural, medio ambiente e patrimonio:

- Concentración parcelaria, co acordo das AA.VV. ou parroquiais de maneira que se concentren as fincas e se mellore a accesibilidade e posibilidade de traballar con maquinaria todos os terreos resultantes desta concentración.
- Programa de mellora da estructura agraria, coa posibilidade de que nun prazo razoable todo o terreo útil tanto privado coma público esté cultivado ou plantado para facilitar o dimensionamento das propiedades no rural.
- Procederemos a fomentar as agrupacións de parcelas mediante financiación dos trámites.
- Melloras de afirmado e limpeza de estradas, camiños e demáis accesos ás vivendas dos veciños.
- Remate das instalacións eléctricas nos lugares que faltan.
- Solicitar a ITV de maquinaria agrícola nas parroquias.
- Habilitar unha oficina de información para facilitar os trámites das axudas para a mellora da vivenda rural.
- Habilitar terreo público para crear hortas para os veciños.
- Mellora das estradas Goente-Ribadeume, Freixo, Deveso, …
- Saneamento integral e posta en servizo da depuradora.
- Mellorar a limpeza de ríos, camiños e bens naturais.
- Mellorar a conservación de edificios públicos.
- Instalación de contenedores de recollida selectiva de residuos nos núcleos rurais.
- Instalación de parques biosaludables nas zonas rurais, nos barrios e no casco urbán.
- Crear unha Fundación de Estudos Históricos para a catalogación e conservación do noso patrimonio.
- Conservación dos bens inmobles e naturais (fontes, ríos, pontes, cruceiros, horreos, reloxos, camiños, sendeiros, medoñas e muiños).
- Posta en valor dos edificios do Embalse do Eume.
- Construcción dun Museo da Minería a Ceo Aberto e cunha zona no mesmo para o patrimonio histórico.
- Continuar coa implantación das novas tecnoloxías operativas en todo o territorio do Concello.
- Facilitar acción de cursos de formación esenciais para as parroquias.
- Fomentar programas de transmisión de coñecementos de vellos a novos.
- Desenrolo do saneamento en núcleos rurais.
0

seguridade – programa

… convivencia e seguridade para todos os veciños …

As nosas propostas na “ÁREA DE SEGURIDADE CIDADÁ”:
- Promover a creación de sendas mancomunidades cos Concellos do entorno:
- SERVICIO DE POLICÍA LOCAL, y
- SERVICIO DE PROTECCIÓN CIVIL.
- Promover a constitución dunha XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE, integrada polas diversas Asociacións que representan aos veciños do Municipio e polos Corpos de Seguridade Local.
- Potenciar o voluntariado e os programas de participación cidadá no Servicio de Protección Civil.
- Mellorar a señalización vial, especialmente, no entorno rural.
- Desenrolar accións para impulsar o uso, de xeito seguro, de bicicletas no entorno urbán.
- Mellorar, dotando de más axilidade, a web municipal, ao fin de facilitar o acercamento dos Servicios de Seguridade Local á cidadanía, así como fomentar o emprego de dita web municipal como sistema de reclamacións e suxerencias para a mellora do propio servizo.
- Fomentar a convivencia escolar:
-Impúlsando charlas e prácticas sobre educación vial.
-Levando a cabo accións de sensibilización na loita contra a violencia doméstica.
-Mediante Programas de educación, valores e convivencia na poboación escolar.
-Fomentando a colaboración entre o Concello e os Consellos Escolares para a elaboración de planes de convivencia nos distintos Centros Educativos, así coma na alternativa de ocio.
-Levando a cabo medidas educativas que favorezcan a evitación de vandalismo urbán.
-Impulsando medidas educativas que favorezcan a protección dos menores na rede.
0

novos proxectos – programa

… a ilusión dos novos proxectos …

Continuando coa rexeneración urbana a través dos espazos públicos e dos equipamentos, e potenciando a rehabilitación dos inmobles e o mantemento do patrimonio arquitectónico rural e urbano, así como promovendo novos espazos residenciais.
E todo elo para que redunde na mellora da calidade de vida de tódolos veciños e veciñas, e no embelecemento e humanización do noso entorno.
Promoveránse as seguintes actuacións:
- Continuando coas intervencións que se viñeron realizando durantes estos para a mellora do centro neurálxico da nosa vila, executaránse as obras de últimos 4 anos melloramento e  acondicionamento da Praza de America para continuar ata a Praza do Hospital acometendo unha remodelación total de esta última, de xeito que se cree un ámbito urbano unificado dende a Praza do Carme ata a Praza do Hospital.
- Unha segunda actuación básica para a conservación e posta en valor do noso patrimonio é a Vila e o seu entorno, que pola súa condición de casco histórico e a súa particular beleza requiren a execución de accións que, respetando a súa condición patrimonial, redunden na mellora da calidade de vida dos seus veciños e na renovación de tódolos seus servizos públicos.
-A beleza do río Eume e o seu potencial paisaxístico é merecedor dunha intervención acorde coas súas características. Así, acometeremos a continuación do paseo fluvial que arranca dende a Ponte dos Ferros nun percorrido ó longo do cauce do río ata o paseo do lago que vai dende a Vilabella ata os Alimpadoiros. Nesta actuación é destacable a recuperación ambiental e paixasística da “Illa” e o seu entorno, para que recobre a presenza que tivo antigamente como zona de esparcemento.
- Moitas das rúas e barrios de As Pontes apenas foron reparados, reurbanizados ou embelecidos en 30 anos, polo que a mellora das mesmas require máxima atención e unha actuación de rehabilitación prioritaria. En rúas como a rúa Cabanas, Pontedeume, Avenida de Vilalba, Poboados do Barreiro, Anguieiro e A Fraga, acometeremos a súa remodelación total para melloralos estéticamente e para convertilos en espacios e rúas modernas e funcionais.
As posibilidades de desenrolo económico que nos ofrece “O Lago” son, sen dúbida un aval de cara ó futuro do noso pobo. O seu desenvolvemento ten que ser un proxecto participativo de tódolos
veciños, de modo que todos poidamos aportar e así facelo máis noso.
O desenrolo e promoción turística do lago traerá consigo a implantación dos seguintes proxectos determinantes:
-A creación do Museo da Minería a Ceo Aberto, para a recuperación da memoria do que foi toda a vida da explotación mineira con especial énfase na posta en valor e coñecemento da antiga Escola de Aprendices.
Todo elo para que os nosos fillos e futuras xeracións poidan coñecer un dos aspectos máis importantes da historia deAs Pontes, que supuxo o seu despegue económico e industrial.
Este museo incluirá a exposición ó aire libre de maquinaria empregada na extracción do mineral, a cal, durante máis de 40 anos, formou parte da nosa paisaxe.
- A creación do Centro de Interpretación e da Memoria para a divulgación do coñecemento do lago e o seu entorno, permitindo que todos aqueles visitantes poidan comprender de preto a súa historia, a súa transición de mina a lago, así como a recuperación ambiental levada a cabo tanto no lago coma na entulleira e que permitíu facer de estos dous espazos un fermoso lago e un incomparable parque natural.
No seu apartado da Memoria, as parroquias e lugares que foron arrancados da terra pola actividade mineira, facéndoos desaparecer, recuperarán a súa identidade e protagonismo para que tódolos veciños e visitantes poidan coñecelos e facelos presentes de novo.
- Habilitaránse áreas para a instalación de edificacións acordes ó entorno para o aloxamento de turismo estacional, con áreas de descanso e servicios para autocaravanas.
- Prepararánse zonas para a práctica de deportes ó aire libre compatibles coas posibilidades do propio lago e o seu entorno:
· Habilitación de áreas para a práctica de deportes náuticos e acuáticos: pesca, piragüismo, traíñas, remo, vela e buceo.
· Promoveránse escolas deportivas e competicións de estos deportes.
· Promover a creación dunha escola de equitación.
· Promover a construcción dun campo de golf.
· Diseñar a apertura dunhas rutas de senderismo, perfectamente señalizadas e coas pertinentes indicacións que informen sobre a historia e os elementos máis salientables de cada un dos lugares por onde discurran.
· Promover a realización de actividades de turismo activo: tirolina, kayaks, orientación, paintball, rocódromo, pista de skate, …
· Promover a creación dunha pista para a práctica de aeromodelismo.
- Promover a creación dun Albergue para campamento rehabilitando o edificio das antigas oficinas de Endesa no Tesouro.
- Construcción de miradores, mimetizados co entorno, en lugares estratéxicos que permitan a contemplación do lago, o seu entorno, flora e fauna.
- Construcción de embarcadoiros para pequenas embarcacións de recreo.
- Habilitación dun paseo perimetral peatonal e para mountain bike.
- Creación de áreas recreativas infantis, e outras de esparcemento en xeral.
- Faranse accesos ó lago dende Espiñaredo, Goente e Saa, que contribuirán o desenrolo destos núcleos de poboación que durante moitos anos sufriron os inconvintes de estar situados a pé de mina.
As Pontes precisa dunha infraestrucura para acoller distintos eventos culturais, empresariais, como convencións, feiras de mostras, exhibicións, exposicións, congresos, …, por iso, promoveremos a
construcción dun Pazo de Congresos e Exposición preto do Museo da Minería, de tal xeito que ámbolos dous estén perfectamente comunicados pola variante da Casilla.
Cada vez son máis os xoves ponteses que nos fan chegar as súas inquedanzas e ideas. Neste senso, aproveitaremos as instalacións e reciclaremos o uso da Casa da Enerxía, unha edificación actualmente en deshuso pola falta de previsión e planificación doutros gobernos, para crear alí a Casa da Xuventude.
As 91 prazas coas que conta a Escola Infantil Municipal, máis as 13 de ampliación, non serán suficientes para cubrir a demanda que se prevé para os vindeiros anos. A ubicación da actual escola fai
imposible a súa ampliación, polo que é preciso a construcción dunha nova Escola Infantil Municipal con capacidade suficiente para atender toda a demanda que se cree, e poder favorecer deste xeito a conciliación da vida laboral e familiar de todos os veciños de As Pontes.
A formación dos nosos xoves e a súa concienciación no mantemento e cuidado do medioambiente é un dos obxetivos do noso programa. Para elo fomentaremos a creación das Brigadas Verdes Infantís, coa habilitación de zonas de cultivo onde os xoves e nenos participantes poidan aprender cultivando e coidando as súas propias plantacións.

Páxina 1 de 11