O deporte coma dereito-saúde e ben cultural, non é so un instrumento de protección da saúde pública, senon un elemento de convivencia, é unha expresión de non discriminación por razóns de idade, sexo ou condición.
O Concello de As Pontes, ten unhas infraestrucutras deportivas idóneas, con instalacións, asociacións e entidades deportivas, que aglutinan o deporte local nos seus máis diversos aspectos (deportes para todos, asociacionismo deportivo, …), que é necesario articular, coordinar e fomentar nas súas diferentes vertientes.
Dende o noso Concello queremos promocionar o desenrolo da cultura física da nosa poboación, así como todas as prácticas deportivas de caracter federado, aficionado ou popular.
- Creación dun Espazo Deportivo Municipal Multidisciplinar Sostenible.
- Creación de becas de estudio para deportistas destacados nas distintas disciplinas deportivas para que non vexan frenada tanto a súa vida deportista coma educativa.
- Facilitar o transporte entre as parroquias limítrofes e o núcleo urbán, para que todo aquel que se atope en idade escolar, poida asistir ás diferentes actividades que oferte o Patronato de Deportes.
- Organización de marchas senderísticas e cicloturistas, en colaboración coas organizacións xa existentes.
- Fomento do deporte familiar, do deporte base e de novas prácticas, deporte en familia, deporte de fin de semana, saídas en bicicleta polo carril bici, recuperación de xogos tradicionais, iniciación a novos deportes (deportes de aventura, orientación, acuáticos, …).
- Seguir o desenrolo de programas deportivos dirixidos a nosa infancia, xuventude, discapacitados, terceira idade, adultos e deportes federados.
- Desenrolar un programa dirixido a completar as dotacións deportivas nos distintos barrios do noso municipio, así como a rehabilitación e modernización das xa existentes.
- Combatir, con campañas informativas destinadas a escolares e APAS do municipio, a violencia no deporte.
- Potenciar o uso das instalacións deportivas dos Centros Escolares durante o fin de semana.
- Seguir dotando económicamente o Plan Municipal de Subvencións aos Clubes Deportivos do municipio.
- Desenrolar o Plan de Cubrición das pistas de padel.
- Creación da Escola Municipal de Ioga.
- Axudas familiares para o desenrolo de calquera actividade deportiva de carácter privado (ximnasio, musculación, aerobic, …).
- Construcción dun campo de herba artificial. – Equipar de infraestructuras deportivas a pista anexa ó Pavillón Polideportivo Municipal.
- Construcción anexa á Piscina Municipal dun ximnasio municipal (mellorando e ampliando o existente) e un Spa Municipal.
- Planificación da Piscina Municipal ó aire libre.
- Seguir esixindo unha oferta de ciclos formativos adecuada á realidade empresarial da nosa vila.
- Esixir a implantación da Escola Oficial de Idiomas.
- Creación da Casa da Xuventude.
- Creación dunha oficina municipal de turismo na zona da Casilla.
- Instauraremos cursos formativos para colectivos de xubilados e prexubilados.
- Aproveitaremos as instalacións do Cine Alovi para facer ciclos temáticos de diferentes xéneros cinematográficos.
- Fomentaremos os productos locais, artesanía, gastronomía, ….
- Dada a excelente aceptación das escolas municipais tanto de baile como de música, continuaremos intentando melloralas en instalacións, profesorado, …
- Creación dunha sala de exposicións no futuro Centro de Ocio, con cabida para tódolos artistas, pero con preferencia para os artistas locais.
- Neste mesmo Centro de Ocio, haberá lugar para as novas instalacións da Biblioteca Municipal.
- Compromiso de diversificar as Festas do Carme e a Fraga, tendo cabida actuacións para todo ó público.



