0

servizos sociais – programa

traballando para mellorar os servizos aos nosos veciños, …

- Construcción do Xeriátrico Público Municipal cun orzamento de 5.000.000 € a cargo do Miner, xa comprometidos.

- Construcción dunha Ludoteca Municipal, como centro integral de atención á infancia.

- Esixir a construcción de vivendas sociais de reximen xeral, cedendo para elo parcela municipal.

- Construcción dun local para a Asociación A Xanela.

- Seguir esixindo a Xunta de Galicia a inmediata posta en marcha do Centro de Día.

- Seguir aumentando o orzamento municipal para atender ós dependentes valorados que non perciban o servizo, por falla de financiación autonómica.

- Seguir potenciando o programa de voluntariado para atención, acompañamento, apoios para imprevistos e pequenas tarefas a discapacitados, maiores, infancia, familias monoparentais e colectivos en riscos de exclusión social.

- Seguir potenciando o programa de atención rural, mediante o cal as traballadoras sociais establezcan contactos periódicos cos veciños/as das parroquias.

- Seguir potenciando o programa de formación a mulleres e colectivos máis desfavorecidos, para favorecer a súa inserción laboral.

- Crear o Consello Municipal da Muller, onde se propoñerían as actividades a realizar, partindo das inquedanzas das mulleres, o cal sería a base para fomentar a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

- Promover a participación de tódalas asociacións dedicadas a Servizos Sociais, para a toma de decisións ó respecto na materia.

- Creación dun programa de préstamo de material ortoprotésico para persoas sin recursos, ou con necesidades puntuais de emerxencia.

- Creación dunha línea municipal de axudas individuais para a eliminación de barreiras arquitectónicas, adquisicións de material.

- Continuar xestionando ante o Sergas a mellora da oferta sanitaria do Concello (Pediatría, Raios X, …).

- Continuar coas políticas de conciliación da vida familiar e laboral levadas a cabo nestes 4 últimos anos: campamentos urbáns en tódolos períodos de vacacións escolares, programa de apertura de centros fora dos horarios escolares (obradoiros de inglés, …) programa de “almorzos no cole”, programa de “aulas de diversión”, …

- Seguir potenciando o programa “xantar na casa”, para fomentar a autonomía, evitando así a institucionalización e conseguinte desenraizamento dos nosos maiores.

- Creación do programa de apoio psicosocial, dirixido aos cuidadores non profesionais, dándolles información e asesoramento acerca dos recursos e servizos existentes, ademáis de apoio psicolóxico, para evitar a sobrecarga do cuidador.