… Continuaremos transformando ata o último recuncho da nosa vila …
- Apostando por un novo urbanismo nas rúas do pobo, mellorando os servizos e a súa pavimentación como por exemplo a Rúa Cabanas, Av. de Vilalba, Poboados Magdalena, A Fraga, Barreiro e Anguieiro, ademáis das xa proxectadas na Rúa Monfero, Francisco Cabo Pastor, Rúa da Fábrica e Rúa Viveiro.
- Remodelación integral da Praza do Hospital.
- Intervención urbana na Praza deAmérica.
- Continuaremos coa rehabilitación de espazos abandonados polo goberno anterior, como o “hexágono da Fraga” agora convertido na Casa de Formación e Oficios e Centro de Educación Medioambiental, acometeremos as obras de impermeabilización da fachada e o acondicionamento interior da mesma para o seu uso polas diferentes asociacións que dende hai tempo veñen demandando locais para desenvolver as súas actividades, así como locais de ensaio para os grupos musicais.
- Intervención no Poboado das Veigas; o Concello farase cargo do poboado, eso sí, esixindo a ENDESA o seu acondicionamento previo e a conservación da súa estética e urbanismo, non como ocorreu cos poboados da Fraga, Magdalena, Barreiro e o Anguieiro, que se recepcionó polo Concello a cambio de nada e sen amañar, como exemplo nefasto da xestión do BNG.
- Remodelación “por fin” da estación de autobuses, convertindo o actual edificio nun novo edificio onde se albergarán servizos de atención ao público, tanto municipais (Policia Local, …) como da Xunta (Oficina de Medio Rural, …) ou a Cámara de Comercio.
- Construcción dun acceso entre a Avenida de Ferrol e a Canle IV.
- Construcción dunha ruta de senderismo urbana dende a rúa Rita
Rivera Chao ata osAlimpadoiros.
- Continuaremos coa remodelación da Vila.
- Rehabilitaremos as antigas Casas Rectorais de San Pedro de Eume e O Freixo.
- Dotaremos de saneamento nos núcleos de O Narón, A Cuiña, Goente, Villerma, Espiñaredo, Bermui e Ribadeume.
… pola importancia do urbanismo no desenvolvemento tanto do casco urbán como no rural …
- Tras 25 anos, por fin, procederemos a redacción do “Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), coa finalidade de ordear o termo municipal dun xeito integrado e coherente coas características físicas, socioeconómicas e os valores nos que se desenvolveu tradicionalmente.
As modificacións na lexislación urbanística e sectorial acontecidas nos últimos anos polo Concello de As Pontes demandan a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal como a ferramenta que substitúa o papel das Normas Subsidiarias na planificación do crecemento do territorio local.
- Planificaremos a intervención urbana no entorno do Lago, tendo en conta que a paisaxe é un elemento fundamental da calidade de vida das persoas, cun desenvolvemento urbanístico respetuoso reflexo fiel dunha sociedade harmónica co medio ambiente, onde prime o aproveitamento racional e sostible dos recursos do territorio.



